martes, 19 de septiembre de 2017

Presentación

Boas! Benvidos ao meu blog! Chámome Andrea e son de A Pastoriza. Son alumna de 1º curso do ciclo Técnico Superior de Actividades Físicas e Animacións Deportivas. Escollín este ciclo pola relación que teño co deporte, é algo que me parece fundamental, saudable e entretido. Comecei de pequena a ter interés polo fútbol sala, pois xoguei varios anos no equipo do meu concello. Logo, metinme no mundo do patinaxe, algo que se me daba realmente ben e me encantaba. Xogaba ao hockey e gañei nalgunha mancomunidade premios ao referido á velocidade facendo circuítos e en equipo no hockey.

Durante os meus anos cursando primaria a natación tamén foi algo moi referente en min. Xa na eso, comezamos un grupo de rapazas de esta zona e concellos do redor a facer pachangas de fútbol. Rematamos por decidir facer un equipo feminino, pois xa se nos ofrecera un adestrador e xa tiñamos axuda do concello onde íamos crealo pero debido a unha lesión da que tiven que operarme e mo impedía, non puiden continuar, e con eso e o escaso persoal non conseguimos crealo. Ainda así, seguín mantendo o fútbol moi de cerca.

E xa durante toda a vida, sentín especial interés polos rallyes, e inda que moita xente non opine igual, é outro dos grandes deportes donde a concentración e o manexo do automóvil é fundamental. Debido a que ata os 16 non se pode comezar a ser copiloto, decidín esperar, e a esperar terminei por chegar aos 18, e se todo vai ben, este verán comezarei a facer cursos para ser pilota.

La importancia de realizar actividades complementarias

Definiremos este tipo de actividades como las organizadas por el centro durante el horario escolar y que tienen un carácter diferenciado de...