domingo, 29 de octubre de 2017

Semana de planificacións

Boas lectores, como todas as semanas toca entrada e con iso falaremos sobre esta semana con Eduardo que foi, como ben di o título, referíndose ao tema planificacións.

O luns, como sempre, fumos ata a piscina donde seguimos practicando braza, introducindo tablas para mellorar a técnica da patada, algo que me fixo mellorar algo a técnica, pois se non vou concentrada, a patada ainda me resulta ser complexa. Tamén practicamos a técnica de respiración en croll e xa para finalizar unhas cantas zambullidas de cabeza.

Mércores fixemos unha clase moi divertida e entretida. Comezamos practicando en grupos a técnica de saída de tacos e logo de facer unhas cantas probas, botamos unhos piques co resto de compañeiros, sen esquecer tamén o posto de árbitro, no que nos turnábamos e dábamos a saída. Eduardo, deunos unhos cantos datos para facilitar o impulso e coller velocidade, como por exemplo ir mirando algo cara abaixo pero ao lonxe. Logo, tamén practicamos algo de Rugby Tag, onde nos recalcou, que ao estar dividida a clase en catro grupos numerosos e non ser xogo dinámico, era mellor dividir en dous cada grupo e ir rotando cando fose preciso. Comprobámolo, e xa na primeira xogada houbo máis dinámica e nós fixemos máis xogo. Para finalizar a clase, subimos todo o grupo ás gradas e tratamos o tema de poder realizar unha viaxe á neve ou ir en vela. Tratamos diferentes puntos de vista, pois miramos a posibilidade da xente para poder ir ou como poderíamos facer para que puidesen ir. Con iso, todos demos a nosa opinión, dialogamos entre nós e quedou algo máis firme a posibilidade de realizar a viaxe.

O venres, como temos unha hora de clase, quedamos na nosa aula. Eduardo, dividiu a clase en dous grupos, pois este ano trataremos de organizar nosoutros a viaxe baixo a supervisión do profesor. Un grupo era o encargado do tema económico, no que tratarían que poderíamos realizar para sacar algo de diñeiro, e o outro trataría de realizar a circular para enviar a nosos pais e tamén o tema de falar con varias axencias de viaxe e buscar presupostos. Con esta dinámica, todos tiñamos unha función que desempeñar, polo que ninguén estaba a non facer nada. Gustoume moito a idea de poder, entre nós, como grupo, poder dialogar e compartir opinións, pois é unha boa técnica para coñecerse aínda mellor entre nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

La importancia de realizar actividades complementarias

Definiremos este tipo de actividades como las organizadas por el centro durante el horario escolar y que tienen un carácter diferenciado de...