Folla de sesión (Probas combinadas)

[ACTIVIDADES FÍSICAS INDIVIDUALES                                     HUGO LÓPEZ / ANDREA EIRAS]
SESIÓN PROBAS COMB.                             16 de mayo de 2018

 PROBAS COMBINADAS


· QUECEMENTO (20')

- MOVILIDADE ARTICULAR XERAL 
 Tobillos, rodillas, cadeira, brazos, hombros, cuello, muñecas. (círculo – 10 repeticións por exercicio)

- PASES ENFRENTADOS ➜ Dividiremos á clase en dous grupos. Formaránse 4 filas, dúas enfrentadas a outras dúas. Cada fila terá un balón, co que realizará pases ca man ao compañeiro da fila que terá enfrente de él.
Tras realizar o pase, os alumnos terán que cambiar de fila mentres realizan exercicios de quecemento: skipping, pernas atrás, abrir e cerrar pernas, patada adiante e atrás, brazos adiante e atrás, rotacións de tronco, inclinacións laterais, saltos de xemelgo arriba, e para rematar unhas saídas.
Para facer o xogo máis divertido e entretido, en vez de realizar o pase á fila que terá enfrente o que ten o balón, farao a fila da esquerda ou da dereita, é dicir, pases en diagonal.
O alumno terá que pasar a fila á que deu o pase, realizando os exercicios de quecemento anteriormente mencionados.

- XOGO ACTIVACIÓN: Pases coordinados

O obxetivo é desprazarse en carreira lenta pasándose un ou máis balóns sen que caian ao chan en ningún momento.
Todos os alumnos, formando un círculo e mantendo a mesma distancia de separación, desprázanse en carreira pasándose de un a outro o balón.
Comezarase camiñando e pasándose o balón en sentido contrario á dirección do desprazamento.
Pasado un tempo, cambiaranse os dous sentidos, de desprazamento e de dirección do balón. Despois sen deixar de camiñar, cambiarase só a dirección dos pases.
Continuaremos igual, pero xa nos desprazamos correndo  despacio, logo, correndo máis rápido, pero con 2 balóns no grupo, desprazándonos e pasando as pelotas noutra dirección.

material necesario para levar a cabo esta fase de quecemento da sesión é o seguinte: 4 balóns.

· PARTE PRINCIPAL (25')

- A clase estará formada por 24 alumnos, os cales dividiremos en 2 grupos. A parte principal da sesión estará dividida en dúas partes. 12 alumnos realizarán a primeira parte, e outros 12 a segunda parte da sesión.

 · PRIMEIRA PARTE  - Circuito de competición por relevos

O grupo de 12 alumnos, subdividirase en 3 equipos de 4 persoas, polo que haberá 3 recorridos no circuito, que constará das seguintes fases:
1-      Salto de paso de valla en minivallas: 2 minivallas.
2-      Slalon entre placas: 4 placas.
3-      Salto a pés xuntos en tuberías: 3 tuberías.
4-      Lanzamento de peso con bola de iniciación a un aro situado a uns 5 metros.

ACLARACIÓNS SOBRE O FUNCIONAMENTO DA COMPETICIÓN:
-          Este circuito de competición levarase a cabo entre tres equipos, polo que se colocará un recorrido para cada equipo, todos iguais.
-          O participante que esté realizando o recorrido, deberá facelo coa bola de peso na man. Unha vez realice o lanzamento na 4ª fase do recorrido, deberá de recoller a bola e correr ata o inicio do recorrido para entregarlla ao seu compañeiro, o que marcará a súa saída.
-          Gañará o equipo que máis lanzamentos consiga meter no aro, polo que un técnico deportivo estará pendente das bolas que entran nestes.

material necesario para levar a cabo esta primeira parte da fase principal da sesión é o seguinte: 2 minivallas, 4 placas, 3 tuberías, 3 aros e 3 bolas de peso de iniciación.

Ademais, o técnico terá unha folla de control na que aparecerán cada un dos equipos para ter un control da puntuación. Esta, estará incluída ao final deste artigo.*

· SEGUNDA PARTE  –  Xogos variados

O grupo de 12 alumnos, subdividirase en 4 equipos de 3 persoas que terán que realizar os seguintes xogos da segunda parte da sesión de probas combinadas.

∙ XOGO nº1: Transporte de mercancías
O xogo consistirá en levar aos que compoñen cada grupo utilizando un aro de maneira que dentro do aro se metan todas as persoas posibles e que todas dentro do aro empecen a correr ao punto que hai que chegar, que no punto se queden todas menos un integrante e que este, sin salirse do aro que volva a polo resto dos compañeiros que ten no lado contrario. Ganará o que primeiro transporte aos seus compañeiros ao outro punto.

∙ XOGO nº2: Recolle o teu aro
En grupos de 5 personas, aproximadamente, os primeiros de cada fila terán que ir a por un aro situado ao final do ancho da pista. Unha vez o collan, deberán volver a fila para que o segundo compañeiro se una ao aro. Así, hasta que todos os compañeiros se unan ao aro.
Variantes: - Ir a pata coxa.  - Os que se vaian unindo, farano cos ollos cerrados.

∙ XOGO nº3: Carreira de aros
Cada participante deberá levar o aro por encima das rodillas e por debaixo da cadeira, sen poder suxeitalo con ningunha parte do corpo. Se o are cae, o participante terá que parar e colocalo.
Variantes: - Realizar o mesmo por parexas.

∙ XOGO nº4: Que bote no aro!
O grupo dividirase en cuartetos, cada cuarteto, fará dúas parellas. Unha vez feitos os grupos e as parellas, colocarase un aro entre dúas parellas. O xogo consistirá en, cun balón, lanzar una bola ao centro do aro, e pasalo á outra parella, coa premisa de que cada vez terá que devolver a bola un da parella, é dicir, teñen que colaborar os dous integrantes, non soamente un.
 A parella que consiga que o rival falle o pase, perderá un punto, aínda que non se deberá de ser moi duro cos pases á parella contraria.. Xogaráse a 10 puntos.

material necesario para levar a cabo esta segunda parte da fase principal da sesión é o seguinte: 8 placas, 4 aros pequenos e 4 aros grandes.

 · VOLTA Á CALMA (5´)

XOGO: Quen pía?
O grupo colocarase en círculo. Un alumno, irá ao medio cos ollos vendados. O técnico, daralle unhas voltas ao alumno xa cos ollos vendados para así non ter consciencia da colocación dos seus compañeiros.
Despois de isto, o alumno de ollos vendados, será sentado polo técnico diante de algún compañeiro, o cal lle dirá algo cando esté diante de él cambiando a voz.
O alumno terá que adivinar quen é o que está a falarlle detrás, e terá 3 oportunidades para acertalo.

* FOLLA DE CONTROL

LANZAMENTOS
EQUIPO 1
EQUIPO 2
EQUIPO 3
LANZ. 1



LANZ. 2



LANZ. 3



LANZ. 4




No hay comentarios:

Publicar un comentario

La importancia de realizar actividades complementarias

Definiremos este tipo de actividades como las organizadas por el centro durante el horario escolar y que tienen un carácter diferenciado de...