domingo, 19 de noviembre de 2017

Semana de repaso de todas as modalidades de atletismo

Boas bloggers! Esta semana pasada foi moi copleta, pois durante as horas de clase con Eduardo,, repasamos todas as modalidades de atletismo vistas até o de agora e mesmo compaxinamos con informática.

O luns, coma sempre, fomos á piscina, onde especialmente nos adicamos á nova técnica incorporada, a bolboreta. Tamén adicamos especial atención ao deslizamento baixo a auga.

O martes, adicamos as tres horas ao blog, onde primeiro rematamos os artigos pendentes coas nosas respectivas parellas e logo centrámonos a ver vídeos de natación. A partir de observar, comezamos cos nosos apuntes sobre a técnica de crol.

O mércores, nas pistas, fixemos pasos de vallas mentres unha metade da clase observaba. Tamén nos adicamos ao Rugby Tag, onde o pasei especialmente xenial. Fixemos equipo masculino e feminino. Todas quedamos realmente abraiadas e pasámolo moi ben, creemos que así somos máis dispostas e abertas que cando xogamos cos rapaces. Foi unha moi boa clase.

O venres, retomamos nesa hora o tema do esquí, onde Eduardo nos deixou a soas para nós mesmos tratar os temas económicos e de datas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

La importancia de realizar actividades complementarias

Definiremos este tipo de actividades como las organizadas por el centro durante el horario escolar y que tienen un carácter diferenciado de...